RCD / NOTICIAS

O Dépor viaxa este martes a Sevilla e regresa nada máis finalizar o partido de Copa no Villamarín

27/11/2016 11:20

O Deportivo desprázase este martes 29 de novembro a Sevilla para se medir ese mesmo día ao Betis (22.00 horas) no partido de ida de dezaseisavos de final da Copa do Rei. O regreso á Coruña será após o partido no Estadio Benito Villamarín.

O plan de viaxe é o seguinte:

Martes 29 de novembro

10.30: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla

11.30: Chegada aproximada a SEVILLA e traslado ao hotel Meliá Lebreros

22.00: Betis - Deportivo no Benito Villamarín

Mércores 30 de novembro

1.30 horas: Saída do voo chárter de Sevilla con destino Santiago

2.30: Chegada aproximada a Santiago