RCD / NOTICIAS

Vázquez advirte que ''imos seguir sufrindo na segunda volta''

Fernando Vázquez advertiu en rolda de prensa esta mañá que, a pesar de estar "satisfeito" e "contento" cos reforzos chegados ao Clube neste mercado invernal, "imos seguir sufrindo na segunda volta". E para empezar mañá domingo en Murcia,  a xuízo de Fernando Vázquez,  "un dos campos máis complicados da categoría".   Pola súa parte, Pablo Insua confesou que o vestuario "ten ganas de gañar ao Murcia. Gañáronnos aquí na primeira volta, e eu penso que foi algo inxusto". Recoñece o central galego que o equipo perdeu altura coas novas incorporacións, e por conseguinte recomenda estar "moi concentrados" á hora de defender xogadas a balón parado.  

08/02/2014 15:07

Más noticias de: INSUA, FERNANDO VAZQUEZ