Ser abonado ou abonada do Dépor é moito máis que ter un asento no estadio: é formar parte dunha historia, dunha paixón compartida e dunha identidade que se vive cada día. A nosa afección é a alma do club. Gracias ao voso apoio incondicional, en cada partido, dentro e fóra da casa, o Dépor segue crecendo e competindo con orgullo. A vosa voz na bancada, a vosa fidelidade e o voso compromiso son fundamentais para seguir construíndo o futuro.