RCDeportivo Logo
DeporVoa-Vertical-limpio.jpg

O DOCUMENTAL

TRÁILER OFICIAL

Real Club Deportivo de A Coruña

Houbo un tempo no que o Dépor reinaba entre os grandes de Europa. Despois chegaron os anos máis duros: descensos, incerteza, problemas económicos e unha longa travesía lonxe da elite. Esta serie documental de dous episodios ofrece un acceso sen precedentes ao corazón do Deportivo no momento máis importante da súa reconstrución. Durante meses, as cámaras acompañan o Club desde dentro para mostrar o que nunca se ve: as conversas e negociacións a porta pechada, as dúbidas e a presión, as emocións e o sacrificio de quen traballa cada día para devolver o Dépor ao lugar que lle pertence.Acompañamos o equipo nos últimos meses da tempada no seu camiño cara ao ascenso, e nos meses de verán nos que se confecciona un cadro de xogadores preparado para a máxima esixencia. Cun enfoque íntimo e inédito ata agora, o relato segue os protagonistas na toma de decisións para unha transformación que cambiará o futuro do Dépor para sempre.

DeporVoa-Foto3.jpg
DeporVoa-Foto1.jpg
DeporVoa-Foto4.jpg
DeporVoa-Foto5_Vertical (1).jpg

Entradas dispoñibles

  • Cantones Cines

    Cantones Cines

    Sábado 26 de decembro, 16.00