CEN
Hildah
Magaia
31
Años
1,65
Altura
ZAF
Nac.
Hildah Tholakele Magaia (Dennilton, Sudáfrica, 16 de diciembre de 1994) empezou a formar parte do Deportivo ABANCA en xaneiro de 2026. A dianteira internacional sudafricana chega procedente do Club Tijuana, da liga mexicana, e conta cunha ampla traxectoria en competicións de primeiro nivel. Ao longo da súa carreira militou en clubs dos Estados Unidos (Kansas City), Corea do Sur (Sportstoto WFC), Suecia (Moron BK), Sudáfrica (University of Pretoria e Tshwane University of Technology) e México (Tijuana e Mazatlán FC). No seu país natal foi protagonista absoluta durante a tempada 2019-20, na que se proclamou Xogadora do Ano e máxima goleadora da SAFA Women's League. Habitual nas convocatorias da selección sudafricana, Magaia participou no Mundial de 2023. Ademais, foi unha das grandes figuras da Women's Africa Cup of Nations 2022, torneo no que rematou como máxima goleadora e marcou os dous tantos que lle deron o título ao seu país na final, logrando tamén a Bota de Ouro da competición. O seu palmarés internacional complétase co recoñecemento como mellor xogadora do COSAFA Women's Championship 2020.