RCDeportivo Logo
Germán Parreño

1

20

Partidos

71

Paradas

Estadísticas

POR

Germán

Parreño

33

Años

1,91

Altura

ESP

Nac.

Germán Parreño Boix (Elche, Alacant, 16 de febreiro de 1993) chegou ao RC Deportivo na tempada 23/24 procedente da UD Ibiza. Germán, canteirán do Elche CF ata os 14 anos e do RCD Espanyol, chegou a debutar en Primeira División coa camiseta 'perica' na tempada 2013-14. Sen oportunidades no primeiro equipo, Germán foi cedido ao Real Racing Club (en xaneiro de 2015) e ao Girona FC (2015-16), antes de regresar ao club da súa localidade natal (2016-17). Con estes 3 clubs xogou en Segunda División. Na tempada 2017-18, Germán fichou polo UCAM Murcia CF (2017-19), co que en ambas campañas quedou ás portas do playoff de ascenso a Segunda División. No verán de 2019, o gardameta alacantino fichou pola UD Ibiza, equipo no que militou 4 tempadas, nas que foi partícipe do histórico ascenso do club balear a Segunda División.

Comprar camiseta