

Unha experiencia hospitality de primeiro nivel, cunha localización excepcional, vistas privilexiadas e unha perspectiva única do túnel de vestiarios. Dous espazos exclusivos, con propostas gastronómicas diferenciadas para vivir cada partido dun xeito único en ABANCA-RIAZOR.

SALA BOA VISTA
A experiencia máis exclusiva de ABANCA Riazor. Goza dun menú degustación servido na mesa, nun espazo privilexiado con vistas directas ao túnel de vestiarios e a escasos metros dos protagonistas do partido.
O acceso a este espazo realizarase desde 1 hora antes do partido e ata 1 hora despois do mesmo (horarios suxeitos ao servizo do menú degustación que se realizará antes ou despois do encontro segundo o horario do partido).

SALA KOPKE
Unha das experiencias máis exclusivas de ABANCA RIAZOR, moi preto dos protagonistas, con vistas á zona mixta e con acceso continuo a un bufete libre da máis alta calidade.
O acceso á sala realizarase desde 1 hora antes do partido ata 1 hora despois do mesmo.

GASTRONOMÍA Á ALTURA
Descubre unha selección de pratos e sabores coidadosamente elaborada para acompañar cada momento da experiencia.



