
DÉPOR · 21 MAIO 2026
A FAN ZONE DA EXPLANADA DE RIAZOR VOLVERÁ SER O PUNTO DE ENCONTRO DO DEPORTIVISMO
O RC Deportivo converterá a explanada de Riazor no gran punto de encontro do deportivismo cunha Fan Zone pensada para vivir xuntos unha xornada especial, compartir a emoción da previa e acompañar o equipo desde A Coruña.Dende as 10:00 h, a explanada de Riazor transformarase nun espazo de encontro para todas as xeracións de afeccionados, con actividades para os máis pequenos, música en directo, sesións de DJ e un ambiente deseñado para ir quentando motores antes dun dos partidos máis importantes do calendario branquiazul.Entre as actuacións máis destacadas da xornada estarán as de Ortiga (16:00 h) e Grande Amore (17:15 h), dúas propostas con personalidade propia e identidade galega que poñerán ritmo e enerxía a unha previa especial para o deportivismo antes do comezo do partido.Ademais, todos aqueles deportivistas que queden na Coruña poderán seguir xuntos o Dépor Live by Sotelo, que se retransmitirá en directo desde unha pantalla instalada na explanada de Riazor.


Sergio Escudero ve clave en Valladolid "seguir facendo as cou...

O Dépor repasa o plan para "un partido moi difícil" pero coa ...

Tarde inesquecible na sede de Alvedro da Dépor Escola Feiraco...

Preguntas e respostas relativas á consulta vinculante sobre a...

O RC Deportivo abrirá un proceso de consulta entre os seus ab...

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...