RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Sergio Escudero ve clave en Valladolid "seguir facendo as cousas que sabemos facer"

DÉPOR · 21 MAIO 2026

SERGIO ESCUDERO VE CLAVE EN VALLADOLID "SEGUIR FACENDO AS COUSAS QUE SABEMOS FACER"

Sergio Escudero pasouse este xoves 21 de maio pola sala de prensa do Dépor Training Center.Cre que a clave do encontro no Estadio José Zorrilla é "seguir facendo as cousas que sabemos facer, plasmar o domingo a preparación do partido de toda a semana, e a tranquilidade, que esa ilusión sexa da xente de fóra pero que non nos afecte a nós dentro do campo".Do Real Valladolid, rival este domingo 24 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion), advirte que "é un equipazo. Hanse querer despedir da súa afección neste último partido na casa e vai ser un rival moi complicado".Lembra que "acaba de descender de Primera División e en teoría ía ser un equipo para estar arriba".Natural de Valladolid, o lateral zurdo deportivista está "ilusionado por poder volver a casa, por xogar contra o equipo da miña terra, contra moitos excompañeiros. É un partido especial, máis alá do que pode significar".Non obstante, asegura estar "pensando en que se dea un bo partido, en que fagamos o que levamos preparando toda a semana".Por este motivo, insiste en "estar centrados en facer un bo partido, que as cousas van estar difíciles".Preguntado polo desprazamento de ANOSAFORZA ao partido, Escudero véo como "unha tolemia. En poucos sitios pasa. Hai que estar moi agradecido a toda esa xente que mesmo vai ir sen entrada. Imos necesitar a todos, tanto aos que viaxen como aos que queden aquí".Neste sentido, solicita que todas as mensaxes de apoio se "transformen en forza e en ganas de gañar".Finalmente, a nivel persoal, Sergio Escudero confesa que a súa lesión nun cóbado a tempada pasada "é unha aprendizaxe. Cando chegan estas cousas non as escolle un. Teste que acomodar a ela, intentar levala da mellor maneira posible e, a partir de aí, o aspecto psicolóxico é moi importante. Fixo que siga medrando como persoa e como futbolista. Por moitos anos que leves nisto sempre se aprende das cousas diferentes"."Hai xogadores que están partindo de titulares pero toda a xente que está fóra, mesmo os que non van convocados, son igual de importantes ca os que están dentro. É xente que aumenta a capacidade de competición nos adestramentos, de competir o posto ao outro compañeiro, aumenta o nivel de todos. Agora tócame ese rol (saír desde o banco) e asúmoo con total normalidade. Oxalá poida seguir axudando desde ese rol ou desde o que sexa", conclúe.