
DÉPOR · 21 MAIO 2026
PREGUNTAS E RESPOSTAS RELATIVAS Á CONSULTA VINCULANTE SOBRE A DENOMINACIÓN OFICIAL DO CLUB
1. Que vai consultar o Club á súa masa social?O RC Deportivo porá en marcha unha consulta vinculante para que as persoas abonadas e socios amigo con dereito a participación, segundo o exposto na presente convocatoria, poidan pronunciarse sobre a denominación oficial da entidade.2. Que opcións haberá na votación?As opcións serán as seguintes:-Manter a nomenclatura actual: "Real Club Deportivo de La Coruña".-Adecuar o nome do Club e os elementos gráficos á toponimia oficial da cidade, adoptando a denominación "Real Club Deportivo de A Coruña" en castelán e "Real Club Deportivo da Coruña" en galego.3. Por que se realiza esta consulta?A iniciativa enmárcase dentro do proceso de actualización e ordenación administrativa e corporativa que o Club vén desenvolvendo coincidindo co contexto institucional do seu 120 aniversario.A consulta responde exclusivamente a criterios administrativos e xurídicos relacionados coa adecuación ao marco vixente en materia de toponimia oficial.4. Existe algunha motivación política detrás deste proceso?Non. O Club mantén unha posición de absoluta neutralidade institucional e este proceso é alleo a calquera interpretación política ou partidista.5. Quen pode participar na consulta?Poderán participar os seguintes colectivos:-As persoas abonadas.-As persoas socio amigo.En ambos casos deberán ter 12 anos ou máis cumpridos na data de inicio do proceso (17 de xuño de 2026).6. Cando se celebrará a votación?A consulta desenvolverase desde as 9:00 horas do 17 de xuño de 2026 ata as 18:00 horas do 21 de xuño de 2026, ambos inclusive.7. Como se poderá votar?A votación realizarase mediante un sistema online habilitado polo Club.Ademais, o RC Deportivo disporá dun canal telefónico específico para persoas maiores de 65 anos e outros colectivos que poidan precisar asistencia.8. Como e cando recibirei a información para participar?A partir do 15 de xuño e antes do inicio do proceso, o Club comunicará a través das súas canles oficiais toda a información relativa ao acceso, identificación e procedemento de votación.9. O resultado será vinculante?Si. O resultado da consulta será vinculante.A adecuación da denominación unicamente se producirá no caso de que esta opción obteña a maioría simple dos votos emitidos, procedendo os órganos competentes do Club neste escenario ás xestións necesarias para que a nova denominación se implemente de cara á temporada deportiva 2026/2027.10. Cambiarían os símbolos ou a identidade do Club?Este proceso non afecta á identidade histórica da entidade, aos seus valores nin ao vínculo emocional construído xunto á afección durante máis dun século.11. Que ocorrerá se gaña a opción de adecuar o nome?No caso de resultar maioritaria esa opción, o Club, como se indicou, iniciará os trámites administrativos e xurídicos correspondentes para adaptar oficialmente a denominación social.12. Que ocorrerá se gaña a opción de manter a denominación actual?O Club manterá a nomenclatura oficial vixente: "Real Club Deportivo de La Coruña".13. Por que poden votar menores de idade desde os 12 anos?A participación a partir dos 12 anos responde ao consenso acadado no seo do I Foro Social celebrado recentemente entre o Club e representantes da masa social.14. Onde se informará das novidades do proceso?O RC Deportivo informará puntualmente a través das súas canles oficiais de calquera novidade relacionada co desenvolvemento da consulta.

O Dépor repasa o plan para "un partido moi difícil" pero coa ...

Tarde inesquecible na sede de Alvedro da Dépor Escola Feiraco...

O RC Deportivo abrirá un proceso de consulta entre os seus ab...

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...

Mario Soriano quere "seguir con esa ilusión, con esa ambición...

O Dépor céntrase en "preparar a semana" para o partido de Val...