
DÉPOR · 21 MAIO 2026
O RC DEPORTIVO ABRIRÁ UN PROCESO DE CONSULTA ENTRE OS SEUS ABONADOS E ABONADAS SOBRE A ADECUACIÓN DA DENOMINACIÓN OFICIAL DO CLUB
O RC Deportivo decidiu poñer en marcha un proceso de consulta vinculante dirixido á masa social do Club co obxectivo de decidir de maneira consensuada sobre a adecuación da denominación oficial da entidade ao marco xurídico vixente en materia de toponimia oficial de A Coruña.A consulta permitirá ás persoas abonadas decidir sobre a posibilidade de manter a actual denominación social do Club ou adaptala ao topónimo oficial da cidade. As opcións sometidas a votación serán manter a nomenclatura de "Real Club Deportivo de La Coruña" ou adecuar o nome do Club á toponimia oficial da cidade, adoptando neste caso a denominación de "Real Club Deportivo de A Coruña" en castelán e "Real Club Deportivo da Coruña" en galego.A decisión de levar a cabo este proceso foi anunciada tras o diálogo mantido entre o Club e representantes da masa social, no seo do I Foro Social celebrado recentemente. No encontro acadouse tamén un consenso sobre a conveniencia da participación na consulta das persoas abonadas e das persoas que ostenten a condición de socio amigo, en ambos casos que teñan 12 anos ou máis cumpridos na data de inicio do proceso (17 de xuño de 2026).A consulta desenvolverase desde as 9:00 horas do 17 de xuño de 2026 ata as 18:00 horas do 21 de xuño de 2026, ambos inclusive, a través dun sistema de votación online. Así mesmo, o Club habilitará unha canle telefónica específica para maiores de 65 anos e outros colectivos que poidan precisar asistencia.A iniciativa enmárcase dentro do proceso de actualización e ordenación administrativa e corporativa que o Club vén desenvolvendo coincidindo co contexto institucional do seu 120 aniversario.O resultado da consulta será vinculante e a adecuación unicamente se producirá no caso de que a opción de proceder á adecuación obteña maioría simple dos votos emitidos na mesma.

Germán Parreño amplía o seu vínculo co Dépor ata 2028

Resultados do sábado 6 de xuño en ANOSACANTEIRA; e calendario...

O concello de Outes retoma o seu DéporCampus este 2026 coa sú...

Desde ABANCA-RIAZOR até Cuatro Caminos: así vivimos a celebra...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri e Gragera...

Espe Pizarro e Uruguai non poden coa potente Colombia