
FUNDACIÓN · 24 SETEMBRO 2025
A FUNDACIÓN DO RC DEPORTIVO COLABORA COA CARREIRA DA MULLER DOANDO 1.000 ENTRADAS PARA O PARTIDO DO DÉPOR ABANCA ANTE O MADRID CFF
A Fundación RC Deportivo reafirma o seu compromiso co deporte feminino e os valores solidarios colaborando coa Carreira da Muller, un dos eventos deportivos e sociais máis importantes do país, que se celebrará na Coruña o vindeiro domingo 28 de setembro.Como mostra deste apoio, o Club regalará 1.000 entradas para o partido que enfrontará ao Dépor ABANCA contra o Madrid CFF ese mesmo domingo 28 de setembro ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR. Cada unha das participantes da Carreira da Muller poderá conseguir dúas entradas para o encontro _ata fin de existencias_ nunha caseta situada ao final do percorrido, nas proximidades do estadio.Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Bancada Solidaria da Fundación do RC Deportivo, que en cada partido en ABANCA-RIAZOR destina unha cota de entradas a Ong, institucións e entidades benéficas que traballan en áreas como a integración social, a educación, a infancia, a saúde e a solidariedade. Nesta ocasión, ese apoio canalízase cara á Carreira da Muller, reforzando así o seu impacto positivo na comunidade.A Carreira da Muller é un evento deportivo e solidario que busca fomentar a práctica do deporte entre mulleres de todas as idades, ademais de visibilizar e loitar contra o cancro de mama, a violencia de xénero e a desigualdade.Pola súa banda, a Fundación do RC Deportivo promove o fútbol como unha ferramenta de transformación social, educando en valores, inspirando aos mozos e fomentando unha sociedade máis inclusiva, solidaria e igualitaria.Con esta acción conxunta, o RC Deportivo reafirma o seu compromiso coa sociedade e co avance do deporte feminino. Unha carreira que acaba cunha meta común: fomentar o deporte feminino e unha vida con saúde, respecto e igualdade.

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha

O Dépor ABANCA gozará dun domingo de descanso antes de inicia...