
DÉPOR ABANCA · 25 XULLO 2026
O DÉPOR ABANCA GOZARÁ DUN DOMINGO DE DESCANSO ANTES DE INICIAR UNHA NOVA SEMANA DE TRABALLO
O Dépor ABANCA pechou este sábado a súa segunda semana de preparación estival e gozará este domingo 26 de xullo dunha xornada de descanso antes de retomar os adestramentos.Tras varios días de intenso traballo no Dépor Training Center, As Nosas disporán dun merecido respiro para afrontar con enerxías renovadas unha nova semana de pretemporada.

O técnico Alberto Rodríguez citou de novo ao cadro de xogadores o luns 27 de xullo, cando o equipo regresará ao traballo cunha sesión programada para as 10:45 horas no campo 4 do Dépor Training Center.A preparación continuará coa mirada posta no primeiro compromiso amigable do verán. O conxunto blanquiazul enfrontarase ao Athletic Club o vindeiro sábado 1 de agosto, a partir das 19:00 horas, na localidade asturiana de Luanco, nunha esixente proba que permitirá seguir avaliando o crecemento do equipo de cara ao inicio da temporada oficial.

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha

O RC Deportivo presenta a súa terceira equipación 2026-27, un...

Os DéporCampus concluíron a súa 5ª semana cargada de fútbol, ...

Marisa García, na súa presentación: "Creo moito no proxecto d...




