
DÉPOR ABANCA · 24 XULLO 2026
MARISA GARCÍA, NA SÚA PRESENTACIÓN: "CREO MOITO NO PROXECTO DO DÉPOR ABANCA E ESTOU MOI FELIZ DE FORMAR PARTE DEL"
María Luisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006), coñecida futbolisticamente como Marisa García, foi presentada esta mañá como nova xogadora do Dépor ABANCA até 2028, con posibilidade de ampliación.Despois de posar coa camiseta deportivista no campo Arsenio Iglesias do Dépor Training Center, tomou a palabra na sala de prensa en primeiro lugar Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA: "É un día especial porque Marisa continúa con nós, porque decidiu apostar forte polo proxecto, por estar con nós en propiedade, por medrar".Definiuna como "unha das xogadoras novas de maior nivel en España, cuns números importantes en goles en categorías inferiores. Desde que chegou adaptouse moi ben, entendeu o que é o Dépor, empapouse do Dépor e estamos seguros de que nos vai dar moitas alegrías".

Pola súa banda, Marisa García confesou "estar moi feliz de poder estar aquí. Desde que se me expuxo a idea de que podía quedar aquí non tiven dúbidas. Estou moi feliz de poder formar parte deste proxecto. Creo moito no proxecto do Dépor ABANCA e estou moi feliz de formar parte del".Cre que esta temporada 2026-27 "é moi importante para min. Teño que dar ese salto de calidade que se agarda. Vou traballar ao máximo posible, vou dar o 100% para poder estar dispoñible para o adestrador e tamén para o equipo".A dianteira do Dépor ABANCA conclúe que "somos un cadro moi novo, a calidade deste cadro é moi grande. Iremos traballando pouco a pouco para formar un bo equipo. Creo que imos facer un gran ano".

Os DéporCampus concluíron a súa 5ª semana cargada de fútbol, ...

Dépor ABANCA e Athletic Club repiten amigable de pretemporada...

Jonathan Asp Jensen, convencido na súa presentación de que "i...

A pretemporada de Os Nosos aumenta a súa esixencia coa visita...

El Fabril inicia o seu calendario de amigables de pretemporad...

O DéporCampus cruza fronteiras e leva o sentimento branquiazu...