RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O DéporCampus cruza fronteiras e leva o sentimento branquiazul ata Venezuela

FUNDACIÓN · 24 XULLO 2026

O DÉPORCAMPUS CRUZA FRONTEIRAS E LEVA O SENTIMENTO BRANQUIAZUL ATA VENEZUELA

O espírito do RC Deportivo non entende de distancias.Este verán, os DéporCampus escriben unha nova páxina na súa historia ao dar un paso decisivo no seu crecemento e celebrar, por primeira vez, unha edición fóra de España.Despois de consolidarse como unha das grandes referencias do verán para milleiros de familias en Galicia, con 19 sedes repartidas por toda a comunidade, os DéporCampus amplían agora o seu horizonte e chegan a Venezuela, levando o fútbol e os valores do deportivismo a centos de quilómetros de A Coruña.A localidade de Valencia acolle esta primeira experiencia internacional, que espertou unha enorme ilusión e que arrinca cun éxito rotundo: máis de 70 nenos e nenas gozan duns días nos que o balón volve ser o vehículo para transmitir compañeirismo, respecto, esforzo e traballo en equipo, sinais de identidade do RC Deportivo.Esta estrea supón moito máis ca a apertura dunha nova sede. É o comezo dun proxecto con vocación internacional, nacido para achegar o escudo branquiazul a novos recunchos do mundo e fortalecer o vínculo coa gran familia deportivista máis alá das nosas fronteiras.A expansión continuará a próxima semana coa chegada do DéporCampus a Caracas, onde unha nova xeración de mozos e mozas futbolistas terá a oportunidade de vivir unha experiencia única co selo do RC Deportivo.O deportivismo non coñece fronteiras. Medra alí onde hai ilusión, paixón polo fútbol e ganas de compartir uns valores que unen a milleiros de persoas.Hoxe, ese sentimento tamén late con forza ao outro lado do Atlántico.