
DÉPOR · 23 XULLO 2026
LORENZO AMATUCCI AFIRMA QUE O DÉPOR "SABE O QUE QUERE, TEN PROXECTO DE FUTURO PERO TAMÉN QUERE FACER ALGO IMPORTANTE NO PRESENTE"
Lorenzo Amatucci (Arezzo, Italia, 5 de febreiro de 2004) foi presentado como novo futbolista do RC Deportivo até xuño de 2031.Antes de nada, o novo centrocampista branquiazul posou coa súa nova camiseta no campo Arsenio Iglesias acompañado por Fernando Soriano.Xa na sala de prensa, o Director de Fútbol do RC Deportivo subliñou que pode xogar "de 6, de 8", ao tempo que lle desexou "moita sorte" nesta etapa da súa carreira profesional.O propio Lorenzo Amatucci manifestou estar "moi contento aquí. Teño moitas ganas e ilusión para a temporada que vén. Quero agradecer a todo o equipo, ao staff e ao Club pola benvida".Conta que se decantou polo Dépor porque "me pareceu un club que sabe o que quere, ten proxecto de futuro pero tamén quere facer algo importante no presente. O Dépor é un gran equipo, un equipo histórico, no que xogaron grandes xogadores".

Confesa que cando xogou en ABANCA-RIAZOR nas filas da UD Las Palmas a temporada pasada "ilusionoume todo, a afección, a cidade, todo. Por iso elixín o Dépor".Promete esta temporada "dar todo, achegar todo o que poida e máis ao equipo. Partido a partido, día a día".Lorenzo Amatucci advirte do salto de calidade entre a Segunda e a Primera División: "Para min todo será novo porque nunca xoguei nunha Primera División salvo uns partidos coa Fiorentina. Por iso o máis importante é dar sempre o mellor de ti mesmo e ser mellor cada día".Finalmente explica que "poido xogar de 6, de 8. As miñas características son un pouco máis de pivote defensivo e de ir cara adiante; pero sempre se poden aprender cousas novas e mellorar".

Kevin Cabado asegura que este cadro "nos vai dar garantías"

Sara Prego reforza o centro do campo do Dépor ABANCA B

David Mella inicia a súa progresiva incorporación ao traballo...

Xornada de portas abertas no Dépor ABANCA para nenas nacidas ...

O Xuvenil A pon en marcha a pretemporada no Dépor Training Ce...

Alberto Rodríguez confesa na súa presentación estar "tremenda...