RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Kevin Cabado asegura que este cadro "nos vai dar garantías"

DÉPOR ABANCA · 23 XULLO 2026

KEVIN CABADO ASEGURA QUE ESTE CADRO "NOS VAI DAR GARANTÍAS"

Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, pasou pola sala de prensa do Dépor Training Center tras a presentación de Alberto Rodríguez como novo técnico."Esta temporada intentaremos seguir medrando, dar un pasiño máis", subliñou ao tempo que pediu ser "un equipo un pouquiño máis constante".Estas foron algunhas das súas frases:Saída de xogadoras"Era un ciclo de moitos anos, polo que estamos moi agradecidos ás xogadoras. Esas futbolistas levaronnos á Liga F, consolidaronnos na Liga F. Hai xogadoras que o Club cre que rematou unha etapa e que debemos facer un cambio. E hai 2 ou 3 casos nos que o Club ofrece a continuidade e elas entenden que lles chegou outro momento por motivos futbolísticos ou persoais".Fichaxes novas"O talento en España é moi grande, 4 anos seguidos sendo campioas de Europa sub-19, a sub-17 en finais, a sub-20 vén de ser campioa en 2022. É un mercado emerxente, no que o Dépor ten moito valor porque esas rapazas queren xogar aquí, saben como forma o Dépor o talento, as instalacións, que o staff pode sacar o máximo rendemento delas"."Cremos que podemos crear un novo ciclo, que esas xogadoras novas nos poden axudar, poden medrar con nós. Intentamos ter o maior número posible de xogadoras en propiedade. Por que non soñar en grande no futuro con estas xogadoras? Pero sabemos que nos van dar presente".Erros da tempada pasada"Fixemos o que nos correspondía polo plan estratéxico. Estivemos nese top 12, fomos quen de consolidar o equipo en Liga F. Semella doado pero é moi difícil. Competimos contra xigantes aínda que nós nos consideramos un deles"."Esta temporada intentaremos seguir medrando, dar un pasiño máis, intentaremos ser cada vez un equipo máis dominador, que dea gusto ver"."Se teño que dicir en que podemos mellorar é en ser un equipo un pouquiño máis constante".Proxecto arriscado"Hai dous anos ascendemos e unha porcentaxe moi alta do cadro, máis de dous terzos, nunca xogara en Liga F. Tamén se podía considerar arriscado. Esas xogadoras foron quen de manter o equipo. Agora estamos apostando por talento novo. Igual temos 4 mundialistas se todo vai ben. Son novas pero con experiencia"."Vai ser un gran ano. Estamos cun cadro que nos vai dar garantías".Inês Pereira"Sabemos o nivel que ten. Hai 2 anos foi a mellor porteira da Liga F. Esta última temporada (2025-26) o rendemento foi moito máis alto aínda que un pouco menos esixida. Entón esas estatísticas baixaron porque o equipo non sufriu tanto neses momentos sen balón"."Está claro que é un perfil que nos gusta, que nos interesa, que nos gustaría que estivese aquí moitos anos. Agora mesmo é propiedade do Everton. Quédalle un ano de contrato alí, está adestrando con eles. É unha das opcións que temos".Posicións para reforzar"Estamos vendo o rendemento delas. Agora temos bastantes partidos por diante. Queda moito de mercado, 2 meses. Imos bastante avanzados e iremos vendo. A día de hoxe, se tiveramos que comezar a temporada, o cadro estaría totalmente preparado. Pola situación deportiva si haberá un reforzo na portería aínda que cremos en Antía e Martina".