
DÉPOR · 23 XULLO 2026
DAVID MELLA INICIA A SÚA PROGRESIVA INCORPORACIÓN AO TRABALLO DE GRUPO
O Dépor recibiu este xoves 23 de xullo unha noticia moi positiva co inicio da incorporación progresiva de David Mella ao traballo xunto ao resto do cadro.O futbolista formado en #ANOSACANTEIRA afronta xa a recta final da recuperación da lesión de xeonllo que o mantivo á marxe durante os últimos meses e deu un importante paso adiante no proceso ao completar as primeiras tarefas cos seus compañeiros sobre a herba do campo 3 do Dépor Training Center.A sesión permitiu ao extremo branquiazul comezar a integrarse de forma gradual na dinámica do grupo, sempre baixo a supervisión dos Servizos Médicos e do corpo técnico, que seguirán marcando os tempos da súa recuperación.O obxectivo é que, se a evolución continúa a ser favorable, David Mella vaia incrementando progresivamente as cargas de traballo durante as vindeiras semanas ata acadar o ritmo do resto do cadro.A volta paulatina do canteirán supón unha excelente nova para o Dépor, que recupera pouco a pouco a un dos futbolistas con maior proxección do seu cadro e continúa a dar pasos firmes na preparación da nova temporada.O grupo tamén é consciente e por iso, David Mella foi homenaxeado cun agarimoso pasillo de labazadas antes de arrancar a sesión.

Seguen con adestramento personalizado Yeremay, Loureiro e Bouldini.Pola súa banda, Bil, Noé, Guerrero, Kevin Sánchez e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.O corpo técnico, tras unha activación con roda de pases, dispuxo unha serie de exercicios tácticos no campo 2.A xornada concluíu no ximnasio cun circuíto de forza para todos os futbolistas.Este venres 24 de xullo o Dépor realizará a última sesión previa ao encontro deste sábado 25 de xullo ás 19:30 (Youtube RC Deportivo) no Estadio Carlos Tartiere ante o Real Oviedo.

Sara Prego reforza o centro do campo do Dépor ABANCA B

Xornada de portas abertas no Dépor ABANCA para nenas nacidas ...

O Xuvenil A pon en marcha a pretemporada no Dépor Training Ce...

Alberto Rodríguez confesa na súa presentación estar "tremenda...

Fernando Soriano: "O último que vimos de Aubameyang impactoun...

O Dépor céntrase no amigable deste sábado 25 no Estadio Carlo...




