RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Xornada de portas abertas no Dépor ABANCA para nenas nacidas entre 2011 e 2020

DÉPOR ABANCA · 23 XULLO 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO DÉPOR ABANCA PARA NENAS NACIDAS ENTRE 2011 E 2020

O Dépor ABANCA, a través do convenio de filialidade co Orzán SD, organiza unhas xornadas de portas abertas para nenas nacidas entre 2011 e 2020, con e sen experiencia previa no fútbol.Baixo o lema 'Soñar en branquiazul empeza aquí' o conxunto deportivista quere achegar o fútbol ás máis pequenas con unhas xornadas de deporte, compañeirismo e paixón polo balón.Do mesmo xeito, preténdese que as familias coñezan o proxecto formativo do Deportivo ABANCA, sempre comprometido co desenvolvemento integral das nenas futbolistas desde as súas primeiras etapas.Estas xornadas serán sempre de tarde na Cidade Deportiva, con adestramentos adaptados a cada franxa de idade; e serán impartidos por técnicos do Club nun ambiente seguro, inclusivo e motivador.O obxectivo é que as nenas aprendan, gocen e descubran que significa formar parte dunha canteira que aposta forte polo talento feminino desde a base.A participación é totalmente gratuíta, aínda que é necesario cubrir un formulario que se obtén premendo neste enlace.Anímate, trae as túas botas e as túas ganas de pasalo ben! O Dépor ABANCA espérate cos brazos abertos.