RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A pretemporada de Os Nosos aumenta a súa esixencia coa visita deste sábado 25 a un ex Primeira División, o Real Oviedo

DÉPOR · 24 XULLO 2026

A PRETEMPORADA DE OS NOSOS AUMENTA A SÚA ESIXENCIA COA VISITA DESTE SÁBADO 25 A UN EX PRIMEIRA DIVISIÓN, O REAL OVIEDO

A pretemporada do RC Deportivo aumenta a súa esixencia nesta recta final do mes de xullo e comezos de agosto.Se no primeiro test o rival foi un recén ascendido a Segunda Federación, a SD Compostela, cuxos mellores momentos podes ver ao pé desta liña, este sábado 25 de xullo ás 19:30 (YouTube RC Deportivo) estará enfronte, ademais no seu propio campo, un recén descendido de Primera División, o Real Oviedo, que buscará esta campaña regresar a LaLiga EA Sports.

Esta mesma semana, Fernando Soriano dixo na sala de prensa do Dépor Training Center que "os partidos de pretemporada son moi importantes".Advirte que as citas que veñen agora (Real Oviedo, CD Lugo, ACF Fiorentina e Genoa CFC) "van ser máis esixentes" e, nesa liña, insiste en que "nestas 2 semanas temos 4 partidos bastante serios e poderemos ir tomando decisións nalgún posto máis específico".Antonio Hidalgo dirixiu este venres unha última sesión de adestramento no Dépor Training Center.Con máis de media España en alerta pola calor extrema, o Dépor Training Center rexistrou unha temperatura non superior aos 23 graos, idónea para desenvolver o traballo esixente dunha pretemporada.O equipo recibiu este xoves 23 a boa nova da incorporación de David Mella aos adestramentos co grupo.O obxectivo é que, se a evolución continúa a ser favorable, o canteirán vaia incrementando progresivamente as cargas de traballo durante as próximas semanas ata acadar o ritmo do resto do cadro.Así pois, unicamente Yeremay, Loureiro e Bouldini están con adestramento personalizado ademais do canteirán Noé, cunha sobrecarga nun xemelgo.Bil, Samu, Kevin Sánchez, Guerrero, Quique Teijo e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

bil0724.jpg

Antonio Hidalgo dispuxo un traballo táctico, un exercicio de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade, todo iso despois dunha activación.Pola súa banda, o Real Oviedo, dirixido por Julián Calero, vén de incorporar estes días a Juan Cruz, que asegura que "se está a facer un proxecto moi bonito para volver á máxima categoría".Outro ovetense, Dani Calvo, asegura estar "con ganas de poder xogar o sábado diante da nosa xente e amosar o que vimos amosando co míster".Rematado o encontro, Os Nosos terán o domingo 26 de xullo xornada de descanso.

  • mella0724.jpg
  • villares0724.jpg
  • amatucci0724.jpg
  • german0724.jpg
  • zaka0724.jpg