
FUNDACIÓN · 24 XULLO 2026
OS DÉPORCAMPUS CONCLUÍRON A SÚA 5ª SEMANA CARGADA DE FÚTBOL, APRENDIZAXE E MOMENTOS INESQUECIBLES
Os DéporCampus despediron a súa quinta semana coa satisfacción de volver encher de fútbol, ilusión e aprendizaxe diferentes recunchos de Galicia.Do 20 ao 24 de xullo, o Dépor Training Center, Zas, Cuntis e o Colexio Santa María do Mar acolleron centos de nenos e nenas que viviron unha experiencia inesquecible co selo do RC Deportivo.Durante 5 intensos días, as e os participantes gozaron de adestramentos adaptados á súa idade, xogos, retos e actividades deseñadas para potenciar o seu crecemento dentro e fóra do terreo de xogo.Nos DéporCampus cada pase, cada carreira e cada gol forman parte dunha aprendizaxe moito maior: a de compartir, respectar, esforzarse e gozar en equipo.

O broche de ouro chegou coa tradicional entrega de diplomas, un dos momentos máis agardados e emotivos da semana.No Dépor Training Center, a cerimonia contou coa presenza dos futbolistas Quagliata, Asp Jensen, Riki, Eric Puerto, Caracas, Vega, Paula Hernández, Carla Castiñeyras e Sara Barreda. Todos eles compartiron unha xornada moi especial cos máis pequenos, repartindo sorrisos, fotografías, sinaturas e, sobre todo, ilusión.Cada diploma entregado simbolizou moito máis ca unha semana de campus. Foi o recoñecemento ao esforzo, ás novas amizades creadas e ás lembranzas que acompañarán ás e aos participantes moito despois do último adestramento.

Semana tras semana, os DéporCampus seguen demostrando que o fútbol é unha ferramenta extraordinaria para educar en valores. O balón é só o comezo dunha experiencia na que o compañeirismo, o respecto, a superación e o traballo en equipo se converten nos verdadeiros protagonistas.Máis alá de aprender a xogar, os nenos e nenas que participan nos DéporCampus descobren o que significa formar parte dunha gran familia, a do RC Deportivo.

Sexta e última semanaOs DéporCampus conclúen a vindeira semana coa 6ª semana do Dépor Training Center, ademais das sedes de Cedeira e Marín.Toda a información e demais preguntas frecuentes atópanse premendo aquí, onde se pode contactar, aínda que tamén se pode facer a través de [email protected].As novidades nas sedes do Dépor Training Center, en funcionamento as 6 semanas, e no Colexio Santa María del Mar este ano 2026 é que contan con servizo de madrugadores.

Marisa García, na súa presentación: "Creo moito no proxecto d...

Dépor ABANCA e Athletic Club repiten amigable de pretemporada...

Jonathan Asp Jensen, convencido na súa presentación de que "i...

A pretemporada de Os Nosos aumenta a súa esixencia coa visita...

El Fabril inicia o seu calendario de amigables de pretemporad...

O DéporCampus cruza fronteiras e leva o sentimento branquiazu...






