
FUNDACIÓN · 26 AGOSTO 2025
A FUNDACIÓN RC DEPORTIVO ACTIVA A BANCADA SOLIDARIA PARA O DÉPOR ABANCA - FC BADALONA WOMEN DESTE SÁBADO 30 DE AGOSTO
A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 30 de agosto (18:00 horas) fronte ao FC Badalona Women, reactiva a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.A data límite para poder solicitalas serán as 11.00 h. deste xoves 28 de agosto.

Marisa García e Ainoa Gómez participaron na vitoria fronte á ...

Resultados de ANOSACANTEIRA feminina; este domingo con derrot...

Resultados en ANOSACANTEIRA, este domingo 13 con vitorias do ...

O Fabril dobrega en ABANCA-RIAZOR á SD Ponferradina, «un dos ...

O Dépor mantense invicto na liga tras empatar en Getafe nun p...

O Dépor ABANCA B cae por 2-0 ante a SD Eibar B no segundo par...