
DÉPOR ABANCA B · 22 AGOSTO 2026
O DÉPOR ABANCA B CLASIFICOUSE PARA A SEMIFINAL DO TORNEO UNINDO CAMIÑOS, ESTE DOMINGO 23 DE AGOSTO ÁS 12:00 ANTE O VITÒRIA SC
O Dépor ABANCA B ten esta fin de semana unha esixente proba de pretemporada, o Torneo Unindo Camiños.As Nosas clasificáronse este sábado 22 de agosto para as semifinais da competición tras unha gran primeira fase.As pupilas de Aitor derrotaron o Bergantiños CF (4-0) e o PM Friol (1-0); empataron co SC Braga (1-1); e só caeron ante o Sport Extremadura (0-1).Con tantos partidos, houbo reparto de minutos para todo o cadro de xogadoras.Nas 'semis', o rival do Dépor ABANCA B este domingo 23 ás 12:00 será o Vitòria SC da Primeira División de Portugal.O calendario de partidos do torneo Unindo Camiños, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Sábado 22 de agostoPrimeira FaseDeportivo ABANCA B 0 - Sport Extremadura 1Deportivo ABANCA B 1 (Sara Barreda) - SC Braga 1Deportivo ABANCA B 4 (Tubío -2-, Sara Prego e Azucena) - Bergantiños CF 0Deportivo ABANCA B 1 (Carmen) - PM Friol 0Domingo 23 de agostoSemifinais12:00: Deportivo ABANCA B - SC Vitòria

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...