
FUNDACIÓN · 22 ABRIL 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN E A FUNDACIÓN 'RFK HUMAN RIGHTS SPAIN' ASINAN UN ACORDO PARA PROMOVER OS DEREITOS HUMANOS A TRAVÉS DO DEPORTE
A RC Deportivo Fundación e a Fundación RFK Human Rights Spain formalizaron un convenio marco de colaboración co obxectivo de impulsar conxuntamente iniciativas educativas e sociais centradas na promoción dos dereitos humanos a través do deporte.O acordo foi asinado no Estadio ABANCA-RIAZOR por Massimo Adalberto Benassi, conselleiro delegado do RC Deportivo, e a Dra. María Díaz de la Cebosa, presidenta da Fundación RFK Human Rights Spain, nun acto que simboliza o compromiso de ambas as entidades coa formación en valores e o impacto social na contorna.Este convenio establece as bases para o desenvolvemento conxunto do programa Speak Truth To Power, unha iniciativa internacional de referencia orientada á formación e sensibilización en dereitos humanos dirixida a menores en centros educativos. A través deste programa, ambas as entidades traballarán na organización de actividades formativas, accións divulgativas e eventos que acheguen estes valores ao ámbito educativo e social da Coruña.A colaboración nace da converxencia dos fins de ambas as institucións, que comparten a súa vocación de servizo público e a súa aposta pola educación como ferramenta de transformación social. Neste sentido, o RC Deportivo Fundación achegará o seu coñecemento do tecido educativo e social local, mentres que a Fundación RFK Human Rights Spain liderará a implementación dos contidos formativos e pedagóxicos do programa.Con esta alianza, a RC Deportivo Fundación reforza o seu compromiso coa formación integral da mocidade e a promoción de valores como o respecto, a igualdade e a responsabilidade, consolidando o papel do deporte como motor de cambio social. Así, este acordo enmárcase na estratexia do RC Deportivo de construír un ecosistema que transcende o deportivo, integrando iniciativas sociais, educativas e culturais que xeren un impacto positivo e duradeiro na sociedade galega.

Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...

Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un c...

Sesión táctica de Os Nosos centrados "no día a día", "no que ...

A RC Deportivo Fundación destina o brazalete solidario do mes...

O Dépor recibe ao FC Andorra o domingo 17 de maio ás 14:00 ho...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...