
FUNDACIÓN · 2 DECEMBRO 2025
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN MANTÉN ACTIVA A BANCADA SOLIDARIA DE ABANCA-RIAZOR PARA O DÉPOR ABANCA - GRANADA CF DO SÁBADO 6 ÁS 12:00
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 6 de decembro ás 12:00 ante o Granada CF, mantén activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.A data límite para poder solicitalas serán as 12:00 h. deste xoves 4 de decembro.Para o partido do Dépor ante o CD Castellón do domingo 7 ás 18:30 xa está completa a bancada solidaria após esgotarse o cupo nunhas poucas horas.

Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...