
FUNDACIÓN · 30 MARZO 2025
A SEDE DE SADA DA ESCOLA RC DEPORTIVO GOZOU ESTE DOMINGO UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA NA CIDADE DEPORTIVA DE ABEGONDO
Os 80 alumnos e alumnas da sede de Sada da Escola RC Deportivo gozaron hoxe domingo dunha xornada de convivencia na Cidade Deportiva de Abegondo.Ás 10:30 foron recibidos os nenos e nenas na bancada do campo de herba sintética da instalación branquiazul.A continuación, os monitores organizaron unha serie de xogos e competicións con balón que fixeron as delicias dos participantes.Esta escola de fútbol, que vai de outubro a maio, está dirixida a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.A Escola RC Deportivo atópase no segundo trimestre para 400 nenos e nenas repartidos nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas, Colexio Internacional Eirís, Sada e Zas.Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].

Resultados dos amigables da semana en ANOSACANTEIRA; este dom...

O Dépor ABANCA B, subcampión do Torneo Unindo Camiños nun gra...

Antonio Hidalgo lembra que "os principios sempre son importan...

Primeira saída en LaLiga EA Sports para Os Nosos, que "imos i...

Resultados deste sábado 22 en ANOSACANTEIRA; e calendario des...

O Dépor ABANCA B clasificouse para a semifinal do Torneo Unin...