
FUNDACIÓN · 27 XUÑO 2026
ABANCA-RIAZOR ÉNCHESE DE SOLIDARIEDADE POR VENEZUELA
A solidariedade volveu converterse este sábado nun dos grandes valores do deportivismo. A campaña de recollida de material humanitario para Venezuela, impulsada pola RC Deportivo Fundación en colaboración coa Hermandad Gallega, arrancou cunha extraordinaria resposta da familia branquiazul e da cidadanía, que encheu o Estadio ABANCA-Riazor de esperanza a través de centos de doazóns.Dende as primeiras horas da mañá foron constantes as mostras de apoio, permitindo reunir xa toneladas de material que viaxarán proximamente a Venezuela para atender as necesidades máis urxentes da poboación, seguindo as indicacións trasladadas polas autoridades sobre o terreo.A campaña continuará este domingo 28 de xuño, en horario de 10:00 a 15:00 horas, e, se fose necesario, tamén o luns 29, de 09:00 a 14:00 horas.O punto de recollida permanece habilitado no acceso ao estadio polo portón da bancada de Pavillón, xunto á Déportienda, con saída polo portón das billeteiras do Palacio dos Deportes.

A RC Deportivo Fundación solicita a colaboración de todas aquelas persoas que aínda desexen participar, achegando algún dos materiais máis necesarios:Roupa en bo estado, especialmente infantil.Medicamentos e material básico de primeiros auxilios (luvas, ibuprofeno, gasas, tiritas ou alcohol).Cueiros, tanto infantís como para persoas adultas.Alimentos non perecedoiros.

Cada bolsa entregada, cada caixa e cada pequeno xesto representan moito máis ca unha doazón: son unha mensaxe de proximidade, apoio e esperanza para quen está a atravesar momentos de enorme dificultade polos devastadores terremotos.O RC Deportivo e a súa Fundación queren expresar o seu máis sincero agradecemento a todas as persoas que xa colaboraron e animan a quen aínda non o fixo a sumarse a esta iniciativa.O deportivismo non só se vive na bancada ou sobre o céspede. Tamén se demostra tendendo a man cando máis fai falta. E, unha vez máis, a familia branquiazul está a responder coa xenerosidade que sempre a caracterizou.


España, con Lucía Rivas e Redru no banco, arrinca o Europeo s...

Toneladas de solidariedade deportivista rumbo a Venezuela

O Dépor regresa o 29 de xullo a Vilalba para medirse ao CD Lu...

O RC Deportivo e Futcor reforzan o seu compromiso co fútbol b...

O Dépor ABANCA Cadete e o Dépor ABANCA Infantil quedaron elim...

O Dépor ABANCA Cadete e o Dépor ABANCA Infantil disputan este...