
CLUB · 16 XANEIRO 2025
ABERTOS OS DESPACHOS DE BILLETES DO PALACIO DOS DEPORTES ESTE VENRES A PARTIR DAS 18:00
Este venres 17 de xaneiro, día do partido do Dépor ABANCA ante o Levante UD ás 20:00 en ABANCA-RIAZOR, abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes desde as 18:00 e a OAD no seu horario habitual: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.Os abonados e abonadas ao Dépor ABANCA xa poden retirar a súa entrada (gratuíta e obrigatoria) unicamente en bancada.es para o partido.En primeiro momento estarán dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.As entradas de público están á venda online en ao prezo único de 10 euros.Os abonados e abonadas que non adquirisen o suplemento do Dépor ABANCA (15 euros) poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para realizalo.As persoas que non sexan abonadas ao RC Deportivo poden darse de alta na OAD como socio/a amigo/á o prezo de 50 euros e abonar o citado suplemento de 15 euros que lles permitirá asistir a todos os partidos en casa do Dépor ABANCA.

María Pita estoupa de ledicia cos ídolos blanquiazules

Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha ...

O RC Deportivo conclúe a súa rolda de visitas institucionais ...

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...