RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Adama Traore móstrase na súa presentación sorprendido porque "case todo o mundo na Coruña é do Dépor"

DÉPOR · 2 SETEMBRO 2026

ADAMA TRAORE MÓSTRASE NA SÚA PRESENTACIÓN SORPRENDIDO PORQUE "CASE TODO O MUNDO NA CORUÑA É DO DÉPOR"

Adama Traore Diarra (L'Hospitalet de Llobregat, Barcelona, 25 de xaneiro de 1996) foi presentado este mércores 2 de setembro no Dépor Training Center como novo xogador do RC Deportivo ata xuño de 2028.En primeiro lugar, e como é tradicional, posou coa súa nova camiseta no campo Arsenio Iglesias acompañado por Fernando Soriano.O Director de Fútbol do Club, xa na sala de prensa, deulle a benvida na que foi «a oitava presentación». Destacou que foi «internacional con España, formado na canteira do FC Barcelona. Pasou gran parte da súa carreira en Inglaterra. Tamén xogou no FC Barcelona. Agora está connosco. Chega libre e desexámosche o mellor, que poidamos gozar dos teus goles e das túas carreiras».Pola súa banda, Adama Traoré conta que os seus axentes lle comunicaron a oportunidade de vir ao Dépor e «foi sempre unha opción moi boa para min para poder volver a España, para volver onde nacín, poder darlle proxección á miña carreira e vivir esta experiencia aquí en España».

ademaconfernando0209.jpg

O novo atacante deportivista considera que neste mercado "o Club fixo un gran traballo. Este proxecto fixo posible que eu puidese vir aquí".Confesa que falou con Aubameyang, quen "me contou o bo e interesante que é o proxecto. E iso convenceume".Lembra que o Dépor foi "un dos primeiros equipos contra os que xoguei cando debutei no Barça B. Parece cousa do destino".Tras asistir como espectador ao partido ante o Valencia CF en ABANCA-RIAZOR, Adama Traore conta que o viviu "con ganas de poder axudar ao equipo e estar á disposición do adestrador. Foi incrible, o ambiente foi incrible. Só teño cousas positivas desde que cheguei aquí. Tanto a xente da cidade como os afeccionados sorprendéronme para ben. Ser do Dépor é máis ca un deporte, é unha familia. Case todo o mundo na Coruña é do Dépor. E víveno. Iso é moi importante. O afeccionado é un xogador máis dentro do campo. Notouse moitísimo o día que xogamos contra o Valencia CF. Estou moi contento polo gran partido que fixo o equipo. Teño que agardar o meu momento e estar á disposición do adestrador".

presentacionadama0209.jpg

Defínese como «un profesional ao que lle gusta estar preparado para o adestrador. É certo que ten que haber un proceso. Non é o mesmo adestrar só que adestrar co equipo, pero desde que cheguei aquí o staff e os fisios foron incribles; estiveron controlando como estou fisicamente e como me atopo en todos os sentidos para estar preparado e á disposición do adestrador».Finalmente, Adama Traoré subliña «as ganas que teño, que son moitas. Cando chegue o momento poderei devolverlles aos afeccionados o amor que recibín aquí desde que cheguei».

Real Club Deportivo de La Coruña