
DÉPOR · 7 XANEIRO 2026
ADRIÀ ALTIMIRA, NA SÚA PRESENTACIÓN, CRE QUE O DÉPOR "É UN CLUB MOI GRANDE" E FALA DE "UN PROXECTO ENORME"
Adrià Altimira Reynaldos (Cardedeu, Barcelona, 28 de marzo de 2001) foi presentado esta mañá como novo xogador do Dépor até xuño de 2028.Após pasar polo campo Arsenio Iglesias para o tradicional pousado ante os medios gráficos, Fernando Soriano, Director de Fútbol, repasou a súa traxectoria profesional e subliñou que "ocupa o lateral dereito aínda que pode xogar tamén por banda esquerda. E por diante. Esa polivalencia fíxonos ver que complementa as posicións debilitadas na primeira volta".Pola súa banda, Alti, xa titular ante o Cádiz CF o pasado domingo, confesou que "tiña ganas de participar co equipo. É verdade que viña con falta de minutos co Villarreal pero tiña moitas ganas de demostrar á xente a oportunidade que me deu o Deportivo. Estou moi feliz de estar aquí".Conta que "desde metade de temporada había interese. Eu céntrome no meu, que é o día a día. Ao final fíxose todo moi rápido porque cando se mostrou o interes do Dépor tíveno que aceptar. É un club histórico, moi grande, o proxecto é enorme e podemos crecer todos xuntos, tanto individual como colectivamente".O defensor deportivista afirma que "os primeiros minutos en ABANCA-RIAZOR foron incribles. Sentín moi a gusto, moi arroupado con #ANOSAFORZA, que é moi importante para calquera xogador".Apunta que "a calidade e o traballo de todos os xogadores fai que todo sexa moito máis sinxelo. Púidose demostrar no campo que sendo os primeiros días puidémonos entender perfectamente. Isto é o inicio de todo e vai ir a mellor".Finalmente Altimira lembra que o día do seu debut foi "duro porque estivemos un pelín por encima do Cádiz CF en bastantes momentos do partido. É bastante duro que che metan o gol nos últimos minutos. É importante manter a calma tanto o equipo como a afección, non porse nervioso. A liga é moi longa. O importante é estar aí arriba metidos. É importante o día a día, o partido a partido e sumar os máximos puntos posibles".

Fernando Soriano: "Estamos atentos a todo o que poida mellorarnos e axudarnos en calquera posición"Fernando Soriano lembrou após a presentación de Adrià Altimira que o mercado "está aberto. Estamos atentos a todo o que poida mellorarnos e axudarnos en calquera posición. O cadro está compensado e cuberto pero sempre tentas mellorar o que temos e esa é o noso labor".De Bachmann indica que "o xogador quere saír. Non depende do Deportivo nin do propio xogador. Hai opcións e estamos a valorar para que dunha forma conxunta póidase chegar a bo porto. O mercado obrigábanos a protexernos nese momento e tomouse esa decisión. Iremos vendo ao longo deste mes como avanza a situación".Sobre Cristian Herrera, o Director de Fútbol do Dépor, afirma que "é un xogador de Club que non para de adestrar, non se rende. É un exemplo para moitísimos compañeiros. Quedan 6 meses de contrato. Valóranse múltiples opcións. O Deportivo, eu e o míster non lle dixemos 'Cristian, podes marcharche'. Achega moitísimo aínda que o domingo non o vexamos. Non hai ningún motivo para obrigar a Cristian a que saia".Concluíu Fernando Soriano desvelando que "con Germán Parreño estamos en constantes conversacións" en referencia ao futuro do porteiro ilicitano.

Para o FC Andorra xa só quedan entradas dos abonados e abonad...

Stoichkov salienta o "ambiente espectacular" no vestiario e L...

Antonio Hidalgo: "O máis importante foi ter pausa"

Os Nosos pernoitan en Cádiz e regresan este sábado ao mediodí...

O Dépor vence ao Cádiz CF "cun partido moi completo" e mantén...

Antía Veiga, de novo no once inicial de España, non puido con...