RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antía Veiga, de novo no once inicial de España, non puido con Francia no segundo partido do Europeo sub-17

DÉPOR ABANCA · 8 MAIO 2026

ANTÍA VEIGA, DE NOVO NO ONCE INICIAL DE ESPAÑA, NON PUIDO CON FRANCIA NO SEGUNDO PARTIDO DO EUROPEO SUB-17

Foto: Uefa.com

Antía Veiga está concentrada coa selección española sub-17 en Belfast (Irlanda del Norte) para disputar o Campionato de Europa da categoría.Finlandia, Francia e Polonia son as rivais de España no grupo B da primeira fase.A segunda cita do combinado español e da futbolista do Dépor ABANCA B foi este venres 8 de maio ante Francia, que goleara no seu debut no torneo por 5-0 a Polonia.Gañaron as galas por 1-0 cun gol no minuto 53.No tempo engadido, Antía Veiga realizou unha gran parada ante Adedini nun man a man que mantivo con vida a España no partido, xa que tería suposto o 2-0.Ademais, na xogada seguinte, a colexiada eslovena Tjaša Misja non sinalou como penalti unha clara man dunha defensora de Francia na área pequena, nun remate que, ademais, ía claramente a portería.Con este resultado, o combinado nacional queda con 3 puntos na 2ª posición do grupo.O primeiro partido xogouse o pasado martes 5 de maio ante Finlandia en Inver Park.Goleou España por 4-0, con Antía Veiga tamén no once inicial.A canteirá deportivista estivo firme baixo paus cando, no tramo final do partido, Finlandia se lanzou á procura dun gol que as metese no encontro.Con este resultado, a selección española debe, cando menos, empatar ante Polonia, o luns 11 de maio ás 15:00 (hora local, 16:00 en Galicia) en Inver Park, para meterse nas semifinais do torneo como 2ª de grupo.O calendario de partidos de Antía Veiga, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Martes 5 de maioESPAÑA 4 - FINLANDIA 0Venres 8 de maioFRANCIA 1 - ESPAÑA 0Luns 11 de maio15:00: POLONIA - ESPAÑA, en Inver ParkAntía Veiga participou con este combinado nacional en Ronda 1 e Ronda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.En outubro, a gardameta do Dépor ABANCA B formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.Antía Veiga xogou esta tempada 16 partidos como titular co filial, co que logrou a permanencia en Segunda Federación.