
DÉPOR · 8 MAIO 2026
O DÉPOR VENCE AO CÁDIZ CF "CUN PARTIDO MOI COMPLETO" E MANTÉN "A POSIBILIDADE DE SEGUIR LOITANDO POR TODO"
O Dépor abriu este venres 8 de maio no JP Financial Estadio (Nuevo Mirandilla) coa vitoria por 0-1 ante o Cádiz CF a 39ª xornada en LaLiga Hypermotion."Sumar de 3 a estas alturas dálleche a posibilidade de seguir vivos, de seguir loitando por todo", reflexionou na sala de prensa Antonio Hidalgo.Este resultado deixa a Os Nosos na 2ª posición da táboa con 71 puntos, a 1 do liderado que ocupa o Real Racing Club con 72; e 1 por enriba da UD Almería, 3º agora con 70 puntos.Perdeuse o encontro por lesión David Mella.Bil e Noé, que acaba de renovar o seu contrato co RC Deportivo ata 2029 e con opción de ampliación, foron os representantes de ANOSACANTEIRA. O dianteiro camerunés, como é habitual nos últimos partidos, arrancou no equipo titular.No que respecta ao once inicial, o técnico deportivista introduciu un único cambio respecto ao partido da pasada fin de semana ante o CD Leganés: Villares relevou a Riki na sala de máquinas.Pola súa banda, o Cádiz CF dirixido polo ex técnico blanquiazul Imanol Idiakez, presentábase ante a súa bancada en 18ª posición con 39 puntos, en zona perigosa.A primeira gran ocasión foi do Dépor. Nunha contra conducida por Yeremay, aos 9 minutos, o balón acaba en Bil, cuxo disparo cruzado o saca con moitos apuros David Gil.Tras o saque de esquina, o balón acaba en Mario Soriano, que chuta raso lixeiramente desviado ao pau dereito da meta cadista.A seguinte oportunidade tamén foi do Dépor. Tras unha acción individual de Mario Soriano na área o balón cáelle a Quagliata que chuta raso. Un defensor cadista, con David Gil xa batido, desvia na mesma raia de gol.Os Nosos eran os dominadores do encontro e Ferllo, un espectador máis.Aos 40 minutos, Luismi proba desde moi lonxe. Demasiado alto.Pouco despois, Yeremay estivo a piques de aproveitar unha indecisión da defensa amarela. David Gil sacou co seu corpo o remate do canario en área pequena."Comezamos un pouco desaxustados pero cando fomos quen de axustar esa situación tivemos as ocasións suficientes como para poder abrir o marcador antes", apuntou o preparador blanquiazul.Ao final da primeira parte chegouse sen goles pero coa 5ª tarxeta amarela para Yeremay que carrexa suspensión no seguinte partido. O colexiado Dámaso Arcediano entendeu que o canteirán se tirara na área. Antonio Hidalgo desvelou que o club recorrerá esta tarxeta e sostén que “Yere en ningún momento intenta finxir nada”.

Tras o paso polos vestiarios, Noubi, amonestado, quedou no vestiario. No seu lugar entrou Arnau Comas. “Estabamos defendendo dunha maneira na que Lou estaba saíndo fóra e sacar a un central fóra é máis complicado ca un lateral - central como é Lou. Non quería modificar nada”, explicou o máximo responsable técnico deportivista.Ao minuto de xogo, Yeremay xa chutou a portería tras un pase de Mario Soriano desde a banda dereita. O chut do 10 repeliuno como puido o meta cadista.Respondeu o Cádiz no minuto 49 cun remate de Antoñito alto.Na outra área, Villares disparou en posición acrobática ao pau tras un saque de esquina. De novo rozou o gol o Dépor.Os Nosos mandaban no partido ante un Cádiz CF agazapado.Aos 55 minutos, Alti recolle fóra da área un balón tras un saque de esquina e o seu chut márchase lixeiramente desviado.Case ao minuto, Bil recibe na área pequena de Yeremay pero David Gil tapou ben os espazos.Antonio Hidalgo comeza a mover pezas. O canteirán Noé e Eddahchouri relevan a Luismi e Bil.Pouco despois saltaría ao campo Escudero por Quagliata e Stoichkov por un esgotado Yeremay."Os cambios déronnos moitísimo. Era difícil cambiar algo porque estabamos vendo algo que nos estaba gustando a todos. Só faltaba o gol", salientou o adestrador do Dépor.A mellor ocasión do Cádiz CF en todo o partido foi un remate de Roger no minuto 84 á media volta que sacou Ferllo a saque de esquina.E ese remate chegou xusto antes do gol de Stoichkov. Corría o minuto 88. Noé recibe en banda dereita e colga un balón ao segundo pau. Escudero, que relevara a Quagliata, mételle ao corazón da área e o atacante gaditano, que volvía xogar tras superar unhas molestias nun xeonllo, cruza o balón lonxe do alcance de David Gil.O gol desatou a tolemia no banco e na bancada."Seguimos empurrando, seguimos crendo. É unha vitoria importante. Agora a descansar e a polo seguinte", concluíu Antonio Hidalgo.Cádiz CF: David Gil, Álex (Brian, min. 66), Suso (Lucas, min. 66), Kovacevic, Ortuño, Antoñito (De la Rosa, m. 78), Climent, García Pascual (Roger, min. 78), Joaquín (Moussa, min. 20), Pelayo e Juan DíazDeportivo: Ferllo, Ximo Navarro, Noubi (Arnau Comas, min. 46), Loureiro, Quagliata (Escudero, min. 80), Villares, Mario Soriano, Luismi (Noé, min. 73), Alti, Yeremay (Stoichkov, min. 86) e Bil (Eddahchouri, min. 73)Árbitro: Dámaso Arcediano, do comité castelán-manxeco. Amonestou a Noubi (min. 19), Yeremay (min. 45+1), Pelayo (min. 73) e Noé (min. 89)Goles: 0-1 Stoichkov (min. 88)Incidencias: partido disputado no Estadio JP Financial Estadio ante 15.872 espectadores, con uns 500 deportivistas nas bancadas

Stoichkov salienta o "ambiente espectacular" no vestiario e L...

Antonio Hidalgo: "O máis importante foi ter pausa"

Os Nosos pernoitan en Cádiz e regresan este sábado ao mediodí...

Antía Veiga, de novo no once inicial de España, non puido con...

O RC Deportivo convoca o I Foro Social do Club

Un Dépor ABANCA "moi ben de enerxía, de ganas, de fame" cítas...




