
DÉPOR · 8 MAIO 2026
O RC DEPORTIVO CONVOCA O I FORO SOCIAL DO CLUB
O RC Deportivo celebrará o vindeiro 12 de maio o I Foro Social, unha nova iniciativa impulsada polo Club co obxectivo de crear un espazo oficial, estable e participativo de encontro entre a entidade e a súa masa social.O Foro Social nace coa vocación de fomentar o diálogo, a escoita activa e a colaboración entre o Club e ANOSAFORZA, abordando de maneira conxunta distintos asuntos de actualidade relacionados coa vida institucional, deportiva e social do RC Deportivo.Este novo órgano estará formado por representantes do Club e unha mostra representativa da afección deportivista, co propósito de favorecer o intercambio de ideas, propostas e inquedanzas nun contorno de participación construtiva.A través deste espazo, o Club busca ademais avanzar en obxectivos concretos como canalizar de forma estruturada as ideas e suxestións dos afeccionados, reforzar o vínculo emocional coa masa social e construír de maneira conxunta iniciativas estratéxicas do Club. Entre elas, a participación activa da afección en fitos relevantes como a celebración do 120 aniversario do RC Deportivo, así como en proxectos que reforcen a identidade, o orgullo e o sentimento de pertenza deportivista.Con esta iniciativa, o RC Deportivo reforza o seu compromiso coa proximidade, a transparencia e a implicación activa da súa masa social no presente e futuro da entidade, en liña coa súa vocación de ser un club fondamente enraizado na súa comunidade e construído xunto á súa xente.

Antía Veiga, de novo no once inicial de España, non puido con...

Un Dépor ABANCA "moi ben de enerxía, de ganas, de fame" cítas...

O Dépor ABANCA viaxa este venres 8 de maio por estrada a Bilb...

Fran Alonso: "Sentímonos con confianza, sentímonos ben, coas ...

Antonio Hidalgo: "Isto vai de estar vivos sempre, de estar vi...

Un Dépor "con confianza pola traxectoria que levamos" abre a ...