
DÉPOR · 7 MAIO 2026
UN DÉPOR "CON CONFIANZA POLA TRAXECTORIA QUE LEVAMOS" ABRE A 39ª XORNADA DE LALIGA HYPERMOTION ESTE VENRES 8 DE MAIO ÁS 20:30 EN CÁDIZ
O Dépor abre este venres 8 de maio ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) no JP Financial Estadio (Nuevo Mirandilla) ante o Cádiz CF a 39ª xornada en LaLiga Hypermotion.Os Nosos chegan ao choque con 68 puntos na 3ª posición de LaLiga Hypermotion e "con sensacións positivas, con confianza pola traxectoria que levamos durante todo o ano", como apuntou Antonio Hidalgo na rolda de prensa oficial este mediodía no Dépor Training Center.O técnico deportivista ten a sensación de que "todos os partidos van estar igualados de aquí ao final como o foron ata agora" e lembra que "vai chegando o final e son as situacións que queriamos a principios de tempada".Causa baixa por lesión David Mella xa que "chegamos con todo o cadro de xogadores dispoñible", presumiu o preparador blanquiazul.O equipo, cos canteiráns Noé e Bil, adestrouse este xoves 7 de maio por última vez antes do partido no Dépor Training Center.O corpo técnico dispuxo unha activación, un exercicio de finalizacións, fútbol en espazo reducido e un último repaso ás accións a balón parado.Preguntado na sala de prensa por Noé, que renovou o seu contrato esta mesma semana ata 2029 con opción de ampliación, Antonio Hidalgo opina que esa noticia "fala do traballo que hai en ANOSACANTEIRA. Desde o primeiro día que cheguei e me falaron do proxecto era unha peza fundamental. Así o entendín. Hai que darlle o momento xusto aos xogadores tan novos. O que queremos cando debutan é que se poidan asentar no primeiro equipo".Recalca que tanto o futbolista santiagués como Bil "nos están dando moitísimo. Estou moi contento por Noé porque é un rapaz excepcional, que sente moitísimo o escudo, quere axudar en todo o que poida".

Pola súa banda, o Cádiz CF, que a pasada fin de semana empatou (2-2) en León, é 18º con 39 puntos.O partido da primeira volta disputado o pasado 4 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR rematou en empate (2-2).No JP Financial Estadio esta tempada os amarelos venceron ao CD Mirandés (1-0), Albacete Balompié (2-1), SD Eibar (1-0), SD Huesca (1-0), CD Castellón (2-0) e Sporting de Gijón (3-2); empataron co AD Ceuta FC (0-0) e Real Valladolid (0-0); e caeron co Burgos CF (1-3), Cultural Leonesa (1-2), Real Racing Club (2-3), Granada CF (1-2), UD Almería (1-2), Real Sociedad B (0-2), Real Zaragoza (0-1), Málaga CF (0-3), Córdoba CF (1-3), FC Andorra (0-1) e UD Las Palmas (1-2).Consciente da importancia do choque, o club gaditano lanzou unha campaña nas súas redes sociais oficiais, apoiada tamén en exfutbolistas como Robert Navarro, Bongonda ou Lolo Plá, para que a afección encha o estadio ante o Dépor.Rematado o encontro, Os Nosos pernoctan en Cádiz e regresan o sábado 9 de maio ao mediodía en voo directo ao Aeroporto de A Coruña.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...




