RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Dépor ABANCA "moi ben de enerxía, de ganas, de fame" cítase co Athletic Club en Lezama este sábado 9 de maio ás 18:00

DÉPOR ABANCA · 8 MAIO 2026

UN DÉPOR ABANCA "MOI BEN DE ENERXÍA, DE GANAS, DE FAME" CÍTASE CO ATHLETIC CLUB EN LEZAMA ESTE SÁBADO 9 DE MAIO ÁS 18:00

O Dépor ABANCA visita o Athletic Club este sábado 9 de maio ás 18:00 (Dazn) en Lezama, en partido correspondente á 28ª xornada en Liga F.As Nosas chegan ao encontro con 27 puntos, situadas na 12ª posición da táboa.Son baixa para o encontro Merle Barth, sancionada por acumulación de amonestacións; ademais das lesionadas Millene e Hildah Magaia, neste caso con molestias nun ombreiro pendente de valoración médica.Fran Alonso ve "moi ben" ás súas xogadoras de cara ao encontro, tal e como subliñou na rolda de prensa oficial.O técnico deportivista admite que o 1-2 ante a Real Sociedad en ABANCA-RIAZOR "soubo un pouco mal pero a actuación foi moi boa. Véxoas moi ben de enerxía, de ganas, de fame".Asegura que nos 3 partidos que restan "imos ir a dalo todo para tentar gañalos".Fran Alonso márcase como obxectivo adiantar ao RCD Espanyol na táboa, que agora mesmo ten 1 punto máis; ou "polo menos chegar ao partido directo contra elas (o 27 de maio ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR) coa oportunidade de adiantalas na táboa e seguir sumando. E logo veremos no último partido en Tenerife as opcións reais que temos".Recalca que a meta da permanencia, xa lograda hai semanas, está "esquecida. Agora o obxectivo é tentar rematar o mellor posible. É o mellor para todo o grupo, para as que vaian estar aquí, para as que non vaian estar aquí, para o Club, para deixalo asentado como merece".Conclúe que "cando vestimos este escudo temos unha responsabilidade máxima. Creo que o equipo está dando a cara e non vai ser diferente nos 3 partidos que quedan".

20260508_deporabanca.jpg

Pola súa banda, o Athletic Club, que a pasada fin de semana venceu por 0-1 ao FC Badalona Women, é 8º na clasificación con 38 puntos.No partido da primeira volta disputado en ABANCA-RIAZOR o pasado 14 de setembro venceu o Dépor ABANCA por 1-0 con gol de Ainhoa Marín.En Lezama esta tempada o conxunto vasco gañou á SD Eibar (2-0), Levante UD (1-0), RCD Espanyol (2-1) e Madrid CFF (4-1); empatou co UD Costa Adeje Tenerife (0-0), Sevilla FC (1-1), DUX Logroño (0-0) e FC Badalona Women (0-0); e caeu co FC Barcelona (1-8), Real Madrid CF (1-4), Real Sociedad (0-2), Atlético de Madrid (1-2) e Granada CF (1-2).Fran Alonso dirixiu a última sesión de adestramento este venres no Dépor Training Center antes de viaxar por estrada a Bilbao, con esta folla de ruta:Venres 8 de maio10:15: Adestramento no Dépor Training Center12:00: Saída do autocar18:45 (horario aproximado): Chegada ao hotel Eurostars Indautxu en BilbaoSábado 9 de maio18:00: Athletic Club - Deportivo ABANCA, en LezamaAo concluír, regreso en autocar á CoruñaAs Nosas terán xornada de descanso o domingo 10 e o luns 11 de maio, e adestraranse de novo o martes 12 de maio no Dépor Training Center.

  • 20260508_monteagudo.jpg
  • 20260508_paulagutierrez.jpg
  • 20260508_olaya.jpg
  • 20260508_ainhoamarin.jpg
  • 20260508_paulanovo.jpg