RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Ainhoa Marín asegura que "estamos a gozar deste momento" aínda que "temos os pés no chan"

DÉPOR ABANCA · 12 FEBREIRO 2025

AINHOA MARÍN ASEGURA QUE "ESTAMOS A GOZAR DESTE MOMENTO" AÍNDA QUE "TEMOS OS PÉS NO CHAN"

Ainhoa Marín manifestou na sala de prensa de Abegondo ao recoller o Premio Estrella á mellor xogadora do Dépor ABANCA do mes de xaneiro que a mellora do equipo empezou "nese partido contra o UD Costa Adeje Tenerife Egatesa: reunirnos, falar as cousas, saber o que está a pasar, pór as cousas claras encima da mesa".Asegura que "a partir de aí, cada unha responsabilizouse co que cada unha tiña que dar para poder dar o seu 100% e así dar o mellor ao equipo. E creo que están a saír as cousas. Si que é verdade que temos os pés no chan, sabemos que isto en calquera momento pódesenos torcer. Por iso a importancia desa concentración e desa responsabilidade".A atacante deportivista conclúe que "estamos a gozar deste momento e estou moi contenta".A nivel individual, pensa que "ese cambio que tivemos todas a nivel individual por como estamos a adestrar, pola intensidade, por como se están dando os partidos iso fai que igual o meu papel poida mostrar un pouco máis de protagonismo grazas ás miñas compañeiras. Gañamos esa intensidade nos adestramentos, nesa concentración, nos partidos... O ver que cada xogadora se está tomando as cousas en serio, que estamos a dar cada unha noso 100% motívame e faime dar ao meu o 200%".Nesta liña, confesa estar "contenta, están a saírme as cousas"; e admite que "o rol que me está dando Fran, con moita máis liberdade, protagonismo en interpretacións do xogo que era algo que me gusta explotar de min, faime sentir importante, libre. Un xogador canto máis libre sente, máis goza".Ainhoa Marín vaticina este domingo 16 de febreiro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético de Madrid "un partido complicado. É verdade que se están dando moitos resultados na liga que che fan crer e ter posibilidades cada fin de semana. Vai ser complicado, pero xa demostramos que podemos gañar a un equipo que no seu momento, como era a Real Sociedad, estaba en Champions. Agora imos coa mesma mentalidade, tamén cos pés no chan porque pode pasar calquera cousa, pero competindo poden chegar resultados positivos".