
FUNDACIÓN · 3 XUÑO 2026
O DÉPORCAMPUS MARÍN ACADA ESTE ANO 2026 A SÚA TERCEIRA EDICIÓN
O DéporCampus Marín alcanza este ano 2026 a súa 3ª edición, en colaboración coa Escola de Fútbol Villa de Marín.O acto de presentación tivo lugar no campo de fútbol Municipal de San Pedro e asistiron Jorge Sobral, directivo do EF Villa de Marín; Francisco José García, presidente do EF Villa de Marín; Antonio Trabazo, concelleiro de deportes do Concello de Marín; Antonio Caiña, concelleiro de deportes; Óscar Maceiras Domínguez, coordinador de campo da actividade; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 27 de xullo ao venres 31 de xullo en horario de 10:00 a 14:00; e está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2020 e 2012, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo levarán a Marín a metodoloxía de adestramento que os equipos de base realizan no Dépor Training Center.Os obxectivos son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.Para as inscricións e máis información hai que premer neste enlace.

Lucía Rivas e Redru prepararán con España do 15 ao 19 de xuño...

Os Nosos gozan xa duns merecidos días de descanso

Fran Alonso móstrase neste final de liga "orgulloso das xogad...

Un día para o recordo: o deportivismo celebrou unido unha tem...

Antonio Hidalgo recoñece que "hai que falar sobre a situación...

Sanxenxo súmase á gran familia do DéporCampus 2026