
DÉPOR ABANCA · 2 XUÑO 2026
FRAN ALONSO MÓSTRASE NESTE FINAL DE LIGA "ORGULLOSO DAS XOGADORAS"
Fran Alonso manifestou estar "orgulloso das xogadoras. Foi unha temporada longa, na que o obxectivo se cumpriu hai tempo. En ningún momento se deixaron ir, dérono absolutamente todo. Non escatimaron esforzos. Así que estou orgulloso do equipo".O técnico deportivista, que remata o seu contrato este 30 de xuño, cre que botando a vista atrás "é unha moi boa temporada para nós, co equipo asentado en Liga F e sendo capaces de competir contra todos os equipos, como demostramos este ano contra Real Madrid, FC Barcelona, Atlético de Madrid, UD Costa Adeje Tenerife... É un paso moi importante para o Club, para o futuro".Finalmente Fran Alonso destaca o crecemento do seu cadro, "que foi bastante. Se miramos os números en xaneiro estabamos probablemente salvadas, o que pasa é que non o sabiamos. Salvámonos matematicamente no partido contra o Atlético de Madrid. Iso ten moito mérito"."O crecemento é evidente, con moita participación de canteirás, que é parte do noso Club. Estou moi orgulloso do traballo que fixemos e senta as bases para seguir tendo éxito os próximos anos e seguir loitando por obxectivos aí arriba", concluíu.

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 17 ao País Vasco para o...