
FUNDACIÓN · 1 XUÑO 2026
SANXENXO SÚMASE Á GRAN FAMILIA DO DÉPORCAMPUS 2026
Sanxenxo súmase á gran familia dos DeporCampus cunha primeira edición que nace froito da colaboración da RC Deportivo Fundación co Club Xuventude Sanxenxo e a Asociación Xuvenil Saraiba do Mar.O acto de presentación tivo lugar no Concello de Sanxenxo.Asistiron Marcos Guisasola Padín, Concelleiro de Deportes; Diego Blanco Fontán, Presidente do Club Xuventude Sanxenxo; Óscar Maceiras Domínguez, Coordinador de campo da actividade; e Sergio Maurente Brañas, Coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 22 de xuño ao venres 26 de xuño (incluído o mércores 24 con normalidade a pesar de ser festivo) en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2020 e 2012, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo porán en práctica en Sanxenxo a metodoloxía de adestramento que os equipos de base realizan no Dépor Training Center.Para as inscricións e para máis información do DéporCampus Sanxenxo 2026 hai que premer neste enlace.

O Dépor xogará no Estadio Metropolitano ante o Atlético de Ma...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Adestramento intenso para os futbolistas que non foron titula...

Alberto Rodríguez quere que o triunfo ante o Granada CF «nos ...

José María Giménez: "Soño con facer unha temporada moi boa e ...

Antonio Hidalgo: "O equipo ten un gran compromiso, unha gran ...