
DÉPOR · 1 XUÑO 2026
ANTONIO HIDALGO RECOÑECE QUE "HAI QUE FALAR SOBRE A SITUACIÓN DE XIMO E DALGÚNS XOGADORES MÁIS"
Antonio Hidalgo manifestou ao rematar o encontro ante a UD Las Palmas na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "hai que falar sobre a situación de Ximo e dalgúns xogadores máis. A partir de mañá (por este luns) empezaremos a falar con Fernando (Soriano)".Advirte que este play off de ascenso "é o máis caro da historia. Iso quere dicir que todos os que estamos arriba sumamos unha cantidade de puntos incrible. Seguramente outros anos tería dado para algunha cousa máis. Iso fala da dificultade que nos puxeron os equipos da parte alta".Do partido ante o conxunto canario, o técnico deportivista opina que foi "difícil para nós cun rival que se está xogando todo. Custounos entrar no partido. A partir de aí tivemos situacións para o empate. Non foi así. Eles tiveron dúas clarísimas na segunda parte. Levamos unha semana de celebración, as pernas non nos daban para moito máis".

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...

Germán Parreño amplía o seu vínculo co Dépor ata 2028

Resultados do sábado 6 de xuño en ANOSACANTEIRA; e calendario...

O concello de Outes retoma o seu DéporCampus este 2026 coa sú...

Desde ABANCA-RIAZOR até Cuatro Caminos: así vivimos a celebra...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri e Gragera...