
CANTERA · 2 XUÑO 2026
LUCÍA RIVAS E REDRU PREPARARÁN CON ESPAÑA DO 15 AO 19 DE XUÑO O CAMPIONATO DE EUROPA SUB-19 DE BOSNIA E HERCEGOVINA
Lucia Rivas Moure (Caldas de Reis, Pontevedra, 23 de agosto de 2007) e Paula Redruello Fernández (21 de xaneiro de 2007, Oviedo) foron convocadas pola selección española sub-19 para uns adestramentos que terán lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas do luns 15 ao venres 19 de xuño.Este combinado nacional preparará o campionato de Europa da categoría que se disputará en Bosnia e Hercegovina.España está encadrada no grupo B xunto a Austria, Suíza e Islandia.A andaina do conxunto español arrancará o domingo 28 de xuño ante a selección helvética ás 14:00 horas no Asim Ferhatovic Hase Stadium de Sarajevo.Lucía Rivas (na foto principal da nova), ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17.Debutou co Deportivo ABANCA o 7 de xaneiro de 2024 no Dépor Training Center ante o CD Alba Fundación Femenino.Esta tempada Lucía Rivas xogou 14 partidos en Liga F, 5 deles como titular; e anotou 1 gol.En Segunda Federación co Deportivo ABANCA B, a canteirá estivo en 11 partidos, 8 deles como titular.Pola súa banda, Paula Redruello (na foto inferior) disputou na máxima categoría 14 partidos, 3 deles no once inicial.Co filial, foi titular nos 14 partidos nos que estivo convocada; nos que marcou 1 gol.


Parte médico de Andrea Tarazona

Un Dépor "cos pés no chan pero con moita confianza tamén" vis...

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...