
DÉPOR · 2 XUÑO 2026
OS NOSOS GOZAN XA DUNS MERECIDOS DÍAS DE DESCANSO
Finalizado o último encontro da temporada ante a UD Las Palmas, cuxo resumo podes consultar ao pé destas liñas, e unha vez concluídas as multitudinarias celebracións, homenaxes e recepcións oficiais que acompañaron o brillante ascenso a Primera División, Os Nosos comezaron xa un merecido período de descanso.Fican atrás meses de traballo incansable, sacrificio, compromiso e superación. Unha temporada chea de retos, emocións e momentos inesquecibles que culminou coa consecución dun obxectivo longamente anhelado por todo o deportivismo: o regreso á máxima categoría do fútbol español.Despois de compartir con ANOSAFORZA xornadas históricas en ABANCA-RIAZOR, polas rúas da Coruña, en Cuatro Caminos e nas distintas institucións que quixeron recoñecer a fazaña do equipo, chega agora o momento de recuperar forzas, gozar da familia e recargar enerxías para afrontar con ilusión os desafíos que están por vir.Os éxitos celébranse, pero tamén se constrúen desde o esforzo diario. E despois dunha campaña para o recordo, Os Nosos despídense temporalmente da herba coa satisfacción do deber cumprido e co orgullo de ter devolto o Dépor ao lugar que merece.O regreso aos adestramentos no Dépor Training Center será arredor do 6 de xullo para arrincar a temporada 2026-27.

Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo...

Resultados deste sábado 19 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

O Dépor ABANCA B, moi superior ao Real Racing Club

Marisa García e Ainoa Gómez xa están nas semifinais do Mundia...

"Hai que estar preparados para sufrir", advirte Antonio Hidal...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...