
DÉPOR ABANCA · 3 XUÑO 2026
AS NOSAS FAN HISTORIA E XA GOZAN DUNS MERECIDOS DÍAS DE DESCANSO
Finalizado o encontro en Tenerife, cuxo resumo podes ver ao pé destas liñas, As Nosas comezaron xa as súas merecidas vacacións tras unha tempada de esforzo, compromiso e superación que volveu culminar con éxito.O obxectivo da permanencia quedara asegurado hai xa varias semanas, permitindo ao equipo afrontar o treito final do campionato coa tranquilidade do deber cumprido e a satisfacción de ter escrito unha nova páxina na historia do Dépor ABANCA.A desta temporada non foi unha permanencia máis. Coa continuidade na elite certificada, As Nosas aseguraron a que será a terceira temporada consecutiva en Liga F, un fito sen precedentes para o fútbol feminino branquiazul e unha mostra do crecemento constante dun proxecto que non deixa de dar pasos cara adiante.Atrás quedan meses de traballo diario, sacrificio, viaxes, adestramentos e emocións compartidas. Meses nos que o Deportivo ABANCA volveu demostrar a súa competitividade, a súa capacidade de loita e o orgullo de defender este escudo na máxima categoría do fútbol español.Agora chega o momento de descansar, recuperar forzas e gozar xunto a familiares e amizades dun merecido tempo de desconexión antes de afrontar novos retos. Coa satisfacción dos obxectivos acadados e a ilusión de seguir medrando, as futbolistas branquiazuis despídense temporalmente dos terreos de xogo sabendo que volveron facer historia.Nos vindeiros días, o Club comunicará a data de regreso ao traballo do Deportivo ABANCA.

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...

Germán Parreño amplía o seu vínculo co Dépor ata 2028

Resultados do sábado 6 de xuño en ANOSACANTEIRA; e calendario...

O concello de Outes retoma o seu DéporCampus este 2026 coa sú...

Desde ABANCA-RIAZOR até Cuatro Caminos: así vivimos a celebra...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri e Gragera...