RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Ainhoa Marín, primeira das internacionais en regresar a Abegondo

DÉPOR · 8 ABRIL 2025

AINHOA MARÍN, PRIMEIRA DAS INTERNACIONAIS EN REGRESAR A ABEGONDO

Ainhoa Marín foi a primeira das internacionais en regresar a Abegondo após o seu paso, neste caso, pola selección española sub-23.Así pois, a atacante branquiazul xa estivo hoxe martes ás ordes de Fran Alonso no campo 5 de Abegondo para comezar a preparar a visita do FC Levante Badalona a ABANCA-RIAZOR prevista para este sábado 12 de abril ás 16:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.A futbolista do Dépor ABANCA participou nos dous encontros con España: foi titular ante Inglaterra nun encontro no que xogou 60 minutos e saltou ao céspede após o descanso ante Suecia.Mañá mércores incorpórase Inês Pereira, que esta tarde xoga en ABANCA-Balaídos ante España; e o xoves está previsto que estean en Abegondo o resto de internacionais: Patrícia Hmirová, Francisca Lara e Michi Apóstol, todas elas despois de longas viaxes de regreso.