
DÉPOR ABANCA · 20 AGOSTO 2026
AINOA GÓMEZ VE AO DÉPOR ABANCA COMO "UN GRUPO MOI BO, CON MOITO TALENTO, CON MOITAS GANAS DE COMPETIR E CON MOITA ILUSIÓN"
Ainoa Gómez Luna (Cerdanyola del Vallès, Barcelona, 13 de abril de 2007) foi presentada este xoves como nova xogadora do Dépor ABANCA para a temporada 2026-27 cedida polo FC Barcelona.En primeiro lugar posou coa camiseta branquiazul para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias acompañada por Kevin Cabado.Xa na sala de prensa, o responsable do Dépor ABANCA asegurou que a nova futbolista catalá, a pesar de levar poucos días co grupo, "xa se empapou do Dépor, xa se empapou de Abegondo, e xa é unha máis das nosas".Da súa traxectoria subliña que, a pesar da súa mocidade, "xa debutou en Primera División, xa fixo gol. É internacional en todas as categorías, campioa de Europa sub-17, campioa de Europa sub-19, convocada para o Mundial sub-20..."Kevin Cabado lembra a súa polivalencia porque "pode actuar como centrocampista, máis preto da área. Ten moito gol, demostrouno en moitas ocasións. Vén de ser nomeada mellor xogadora de Primera RFEF a temporada pasada", concluíu.Quixo finalmente dar as grazas a Ainoa e ao FC Barcelona pola cesión: "Todos entendemos que era un lugar para seguir medrando ela e sumar minutos na elite".

Pola súa banda, Ainoa Gómez salientou que no Dépor ABANCA "temos un grupo moi bo, con moito talento, con moitas ganas de competir e con moita ilusión".Confesa a nivel persoal que chega con "moita ilusión por estar aquí, con moitas ganas de seguir medrando, de seguir mellorando día a día".Defínese como unha futbolista "técnica, que actúa preto da área. Tamén podo xogar algo máis no medio. Traballo bastante a nivel defensivo, así que podo achegar moito en moitas facetas".Finalmente, Ainoa Gómez apunta que As Nosas en liga "intentaremos chegar o máis arriba que poidamos"; e promete "dalo todo aquí e axudar ao equipo sempre que poida".

A RC Deportivo Fundación comparte o proxecto DéporCampus na E...

Última proba do verán para o Dépor ABANCA, este venres 21 de ...

O Dépor pon rumbo a La Rosaleda de Málaga con todo o seu cadr...

Marisa e Ainoa Gómez representarán ao Dépor ABANCA no Campion...

Definido o calendario do San Tirso SD Cadete, que arrinca a l...

Resultados dos amigables deste mércores 19 de agosto en ANOSA...