
· 30 AGOSTO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ: "ANALIZAREMOS, CORRIXIREMOS E SOBRE TODO SEGUIREMOS MEDRANDO COMO EQUIPO"
Alberto Rodríguez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que no inicio do partido ante o Sevilla FC «houbo un axuste táctico que tardamos en corrixir. Seguro que a culpa foi miña en primeiro lugar. E logo, 1ª xornada, moitos nervios, debut na casa... ese cúmulo de circunstancias. E aínda por riba castígante co gol. Se es capaz de sobrevivir neses momentos de dificultade, igual podes levar o partido ao terreo que queres. Non foi así».Non quere poñer «ningunha escusa. Que nos sirva para aprender e para seguir traballando», engade.O técnico do Dépor ABANCA lamenta «ese chisco de finura, quizais tamén de frescura, porque o equipo se desgastou moito na presión para dificultar a saída do Sevilla FC. E lembro un balón longo que Pardo non puido rematar nos últimos minutos do partido. Iso non pode ser. Entón analizaremos, corrixiremos e, sobre todo, seguiremos medrando como equipo».Explica que o conxunto andaluz «se atopa moi cómodo deixando que o rival crea que ten espazo ás súas costas. E con duelos importantes na categoría, non só a nivel de talento, senón tamén a nivel físico. Teñen xogadoras moi difíciles de referenciar, de parar. En carreira son moi perigosas porque todas as da súa última liña atacan o espazo sen dubidar. Estivemos ben nas vixilancias, pero non tes esa vantaxe de que che deixen controlar un rexeitamento».Finalmente, Alberto Rodríguerz recoñece que «atacar equipos replegados cústalle a todo o mundo; e co marcador en contra, máis aínda por esa présa que tes por empatar. Aí estivo o partido. Estivemos preto do empate, non o conseguimos. Está claro que non nos chega e temos que fiar máis fino para que o equipo consiga os 3 puntos, que era o que queriamos».

Vitoria este mércores 21 do Benxamín A en Santa María del Mar...

O Dépor estrea o horario do sábado ás 14:00 o 21 de novembro ...

Lucía Pardo: "Nunca deixamos de crer, non perdemos esas ganas...

José María Giménez: "A Coruña é unha cidade que me namorou. É...

O Dépor intensifica o traballo táctico no campo 2 «con toda a...

O RC Deportivo impulsa a formación de novos profesionais do a...