
DÉPOR ABANCA · 10 SETEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ CRE QUE ANOSAFORZA ANTE O REAL MADRID CF "VAINOS DAR UN PLUS"
Alberto Rodríguez, técnico do Dépor ABANCA, manifestou este xoves na sala de prensa do Dépor Training Center que ANOSAFORZA, este venres 11 de setembro ás 20:45 en ABANCA-RIAZOR ante o Real Madrid CF, "vainos dar un plus. Desde aquí fago un pequeno chamamento porque neses momentos de apuro sempre bota unha man; e neses momentos nos que estás cunha boa inercia, a afección fai que o pase sexa máis doado ou que a situación de gol se vexa máis clara".O técnico deportivista opina do Real Madrid CF que "é un equipo moi difícil de parar, con moitísima verticalidade por fóra. Conseguiu clasificarse para a Champions. Iso dio todo. Pero o traballo está a ser bo, o traballo diario refórzanos. Con esa intención de facerlle dano é como temos que afrontar o partido".Advirte que o encontro será "moi longo, con moitas situacións e moitos momentos de repregamento, pero haberá outros momentos nos que lle podemos facer dano".Do amigable de pretemporada disputado o pasado 16 de agosto entre ambos os conxuntos, o preparador de As Nosas destaca que "conseguimos poñernos por diante. O Real Madrid é un equipo que te somete pola calidade individual e colectiva das xogadoras. Noutros momentos soubemos manexar ben o partido e instalarnos en campo contrario. Esas son as liñas que debemos seguir".Finalmente, Alberto Rodríguez asegura que "cada vez estamos mellor instaladas no encontro, cada vez o facemos antes e cada vez o equipo sente que, a nivel de duelos e de estar no partido, estamos a facernos máis compactas, máis incómodas. Somos un equipo que ten que traballar moito a nivel defensivo. O equipo estase adaptando a esas ideas que temos como staff. Toda esa engrenaxe, por moito que a traballes na pretemporada, son os partidos os que che amosan a realidade, os momentos nos que hai que saber sufrir dependendo do marcador que esteas a manexar. Aí estamos a medrar".

Marisa García e Ainoa Gómez foron protagonistas na histórica ...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

O Real Madrid CF, "un rival moi complexo", mide a progresión ...

O Dépor acelera o traballo táctico co Coliseum de Getafe xa á...

Segundo partido do Mundial sub-20 para Marisa e Ainoa Gómez, ...

O San Tirso SD Infantil superou ao Real Oviedo no amigable qu...