
DÉPOR ABANCA · 28 SETEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ ESTÁ "CONTENTO POLO TRABALLO, AMOLADO POLO RESULTADO"
Alberto Rodríguez destacou na sala de prensa do Dépor Training Center que «con balón, xa o outro día en Granada, estivemos un chisco mellor que nas 3 primeiras xornadas. Hoxe volvemos estar moi ben, máis alá de xogar contra 10, de interpretar o que tocaba; e de que o equipo foi levando o balón pouco a pouco a onde queriamos».O técnico deportivista cre que o Dépor ABANCA «está medrando» e subliña no partido ante o RCD Espanyol «as vixilancias defensivas, que nos axudaron a que o RCD Espanyol case nin puidese saír».De todos os xeitos, insiste en que «hai que seguir puíndo detalles. Atacar bloques baixos é moi difícil, aínda que sexa contra 10».Finalmente, lamentou ante o RCD Espanyol «2 ou 3 situacións: lembro unha de Lucía Pardo, un remate de Espe nunha acción moi rápida que pode ir para calquera lado, e un par de conducións cara a dentro de Michi nas que faltou un pase atrás».Conclúe Alberto Rodríguez que está «contento polo traballo, amolado polo resultado».

A "honra e orgullo" de Mauro Valeiro, Frank Iglesias e Leandr...

Giménez enfróntase este luns 28 de setembro a Corea del Sur n...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, este d...

As Nosas regresan este luns 28 de setembro ao Dépor Training ...

As deportivistas Marisa García e Ainoa Gómez son campioas do ...

Empate "con sensación amarga" do Dépor ABANCA ante o RCD Espa...