RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A "honra e orgullo" de Mauro Valeiro, Frank Iglesias e Leandro Altieri polo seu debut co Dépor en Penafiel

CANTERA · 28 SETEMBRO 2026

A "HONRA E ORGULLO" DE MAURO VALEIRO, FRANK IGLESIAS E LEANDRO ALTIERI POLO SEU DEBUT CO DÉPOR EN PENAFIEL

O venres 25 de setembro de 2026 non foi un día máis no calendario de 3 mozos coruñeses: Mauro Valeiro, Frank Iglesias e Leandro Altieri.Os 3 canteiráns braquiazuis, de categoría xuvenil, tiveron a oportunidade ese día de cumprir un dos seus soños desde a súa chegada ao Dépor Training Center en benxamíns e alevíns: vestir a camiseta do primeiro equipo con motivo do amigable ante o FC Penafiel."Quedei en shock. Non o podía crer. Unha vez que o asimilas, tiras para adiante", confesou Leandro ao recibir a noticia de que estaba convocado para o encontro.Mauro Valeiro, internacional tamén nas categorías inferiores da selección española, afirma que "é unha ilusión. Todos os que estamos aquí no Dépor sabemos que algún día nos pode chegar esta oportunidade. Hai que aproveitala ao máximo e gozar".Frank, que ademais saíu no once inicial blanquiazul no Estadio 25 de abril, asegura que "foi un soño. Non esperaba ser titular. Gocei moito e isto é o comezo".O propio Frank confesa que nos primeiros minutos sentiu "un pouco de nervios, pero os xogadores e o staff tranquilizáronme. Despois asimileino e xa estiven tranquilo".Cando recibiu a chamada do míster para saltar ao campo na segunda metade, Mauro Valeiro sentiu "moitas ganas de gozar ao máximo nivel e de intentar axudar a todos os compañeiros".Pola súa banda, Leandro Altieri lembra estar "bastante nervioso, pero entras, escoitas a bancada, motívaste e adáptaste". De feito, destacou o ritmo de partido, "moi alto, ao que non estás afeito, pero pasan os 5 primeiros minutos, recuperas o aire e segues co partido".Mauro subliña que, unha vez no céspede, "pouco a pouco vas sentíndote cómodo, entrando no ritmo do partido e ben"; e sostén que "cada minuto que pasas aquí é un privilexio".Frank admite que "os primeiros minutos quizais custen un pouco porque non estás afeito a este ritmo, pero co paso dos minutos vaste afacendo e xa podes xogar como sabes"; ademais de afirmar que "que che dea un pase Yeremay ou outro xogador é un orgullo e un soño".Finalmente, Mauro Valeiro cre que ANOSACANTEIRA ten "o que as demais non teñen, que é ese sentimento da xente de A Coruña cara ao Dépor, ese orgullo e esa honra que senten levando esta camiseta".Leandro Altieri pensa que "todos os rapaces que xogan ao fútbol na Coruña desexan xogar no Dépor e no primeiro equipo. E iso é un orgullo e unha honra".E Frank Iglesias queda da canteira deportivista “con todo. Non hai máis que ver as instalacións que temos e despois o staff, adestradores, psicólogos... Todo suma e fai que esteamos moi cómodos no día a día".

Real Club Deportivo de A Coruña