
DÉPOR ABANCA · 7 XULLO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ, NOVO ADESTRADOR DO DÉPOR ABANCA
Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27.O técnico arteixán asume así o reto de dirixir ao conxunto branquiazul na súa terceira campaña consecutiva na máxima categoría do fútbol feminino español.Alberto Rodríguez incorporouse ao RC Deportivo en xaneiro de 2025 e, desde entón, formou parte do corpo técnico do Dépor ABANCA, participando de maneira activa no traballo diario do equipo.Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e posuidor da titulación UEFA Pro, conta ademais con experiencia como primeiro adestrador no fútbol galego, etapa na que dirixiu á SD Sofán e ao Sigüeiro FC.Coñecedor da estrutura do Club e do cadro de xogadoras, Alberto Rodríguez afronta agora unha nova etapa á fronte do Dépor ABANCA co obxectivo de seguir competindo ao máximo nivel na elite do fútbol feminino español.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...